Rafa Dominguez pide volver abrir Raíña Vitoria "mentres non se demostre que o corte é viable e factible"
Por Almu Dapena
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, solicitou este sábado a reapertura da rúa Raíña Vitoria ao tráfico "mentres non se demostre que o corte é viable e factible".
Domínguez, que xa se reuniu con diferentes colectivos afectados, supeditou calquera corte no rueiro a "un estudo técnico independente. Sen estudos de como afecta a medida ao tráfico e sen un plan de mobilidade, non podemos pedir outra cousa que a reapertura de maneira inmediata e a eliminación dos bolardos".
Nesta liña, Domínguez presentou unha moción que defenderá no próximo Pleno na que esixe, ante un corte de calquera vial, "un estudo técnico independente". Ante esta situación, expón que "non estamos dispostos a ver como ordenan o peche dunha arteria principal de acceso e saída da cidade sen un documento que acredite que o mesmo é viable, sen ofrecer alternativas ao trafico rodado, e sen acordar cos afectados. Urximos ao Concello a recapacitar e dar marcha atrás".
#Ante estas decisións "unilaterais, sen consenso" por parte do Concello, o Partido Popular pide "recapacitar e dar marcha atrás. Estamos cos afectados, e así será sempre", defendeu Domínguez, que mantén contacto directo con diferentes de asociacións de veciños, cos comerciantes, empresarios e autónomos da zona, e habilitou un punto de información na sede da formación, na rúa Palamios, para que os prexudicados poidan coñecer de primeira man toda a información dispoñible.
O portavoz tamén se referiu ao corte ao tráfico da rúa Alfonso XIII: "Non entendemos por que nun centro péchase a rúa durante os 45 minutos que dura o recreo e noutra durante os sete días da semana, mesmo en períodos non lectivos. Este trato é profundamente discriminatorio. Entendemos a lóxica do Froebel, pero opoñémonos á solución que deron para Raíña Vitoria".
Por último, sobre a postura do PSOE de Pontevedra, Domínguez pediulles "empatía": "Contamos co seu apoio nunha petición lóxica, acordada cos veciños, que ten un respaldo maioritario da sociedade pontevedresa. Pedímoslles altura institucional e desmárquense dunha postura ditatorial do BNG".
Relacionadas:
-
Fronte común do PP de Pontevedra e Poio contra o peche da rúa Reina Vitoria
Por Redacción |
-
O PP critica ao Goberno local por pechar Raíña Vitoria "sen base técnica nin consenso"
Por Redacción |
-
Só os residentes poderán circular por Alfonso XIII, que pasará a ser o patio de recreo das Doroteas e o Froébel
Por Manu Otero |
-
A rúa Alfonso XIII pechará ao tráfico para converterse no patio do colexio Froebel durante o horario de recreo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A asociación de técnicos sanitarios cualifica de "temeridade" a instalación de bolardos fixos en Raíña Vitoria
Por Diego Espiño |
-
Rafa Domínguez, sobre o peche de Raíña Vitoria: "Se pone la pandemia como excusa de una decisión política"
Por Natalia Puga |
-
O peche de Raíña Vitoria ao tráfico será efectivo a partires deste xoves
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |