A expansión da Covid-19 non para na área sanitaria, con 48 positivos máis nunha xornada
Por Natalia Puga
A expansión da Covid-19 non cesa na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que nas últimas 24 horas contabilizou 48 positivos máis e sitúase xa por encima dos 800 casos activos.
Segundo o balance oficial facilitado este sábado, hai un total de 810 casos activos, 26 máis que o venres, e na última xornada recibiron o alta 22 pacientes, de aí case alcance o medio centenar de novos positivos.
Do total de casos activos, 791 mantéñense en seguimento domiciliario e 19 están ingresados. A presión asistencial é lixeiramente inferior, pois se rexistrou un pequeno descenso este sábado: o venres había 20 pacientes ingresados.
O balance oficial fala de 13 pacientes ingresados en planta de hospitalización - 9 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 2 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez Pontevedra e 2 no Hospital do Salnés- e 6 na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo. Na UCI hai un paciente máis que na xornada anterior.
Desde o inicio do plan de continxencia da Covid-19 curáronse 1.246 pacientes ( 22 máis que na última xornada) e faleceron por este virus na área sanitaria 19 pacientes.
En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas realizáronse 756, que se engaden ás 39.561 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria.
A nivel autonómico, na última xornada produciuse un pequeno descenso da incidencia. Así, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.449, tres menos que os 4.452 do venres
Pontevedra e O Salnés consolídase como a segunda área sanitaria en número de casos. A Coruña segue sendo a de maior incidencia, con 1.077 casos activos este sábado. O resto de casos repártense en 642 da área sanitaria de Lugo, 689 da de Ourense, 810 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 555 da de Santiago, e 164 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 4.213 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 18.071 persoas curadas, rexistrándose 727 falecementos.
O número de PCR realizadas en toda Galicia é de 459.234.
Relacionadas:
-
A área sanitaria alcanza os 826 casos activos de Covid-19, tras sumar 27 novos positivos nun día
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra acumula 404 positivos, 22 máis que o venres
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Sete positivos máis na comunidade educativa e novos colexios afectados en Pontevedra e Ribadumia
Por Natalia Puga |
-
Continúa o avance de positivos na área sanitaria, que sumou 36 novos brotes desde que hai restricións
Por Natalia Puga |