O Concello habilita un teléfono exclusivo para tramitar as axudas a pemes e autónomos
Por Manu Otero
A noticia da aprobación das bases dunha liña de axudas municipais dotadas con 1,25 millóns de euros para axudar aos autónomos e pequenas empresas de Pontevedra a superar a crise económica xerou unha aluvión de chamadas ao Concello de Pontevedra de persoas interesadas para solicitar máis información e mostrar a súa intención de presentar a súa solicitude.
"Sabiamos que ían ter boa acollida, pero foi unha avalancha", declarou a portavoz do goberno local, Carme da Silva, moi sorprendida co inabarcable número de chamadas dirixidas tanto á alcaldía como ao deperamento de Promoción Económica.
Como os traballadores destas áreas non son os encargados de xestionar este trámite nin poden desviar a chamada ao departamento correspondente, o goberno local ideou un novo plan para canalizar todas estas chamadas. Nas próximas horas habilitarán unha liña de teléfono exclusiva para todo o relacionado con estas axudas (618 385 048 ou 681 264 835).
Tamén habilitarán unha oficina específica á que os demandantes serán convocados para comunicarse de forma directa cos funcionarios encargados desta xestión para asesorar aos demandantes acerca de toda a documentación que deben achegar coa súa solicitude.