A Conta Xeral de 2019 de Ponte Caldelas, a exposición no Concello
Por Redacción
O Salón de Plenos do Concello de Ponte Caldelas acolle estes días a exposición pública da Conta Xeral de 2019 da administración local.
Durante 15 días os arquivadores, clasificados por meses coa documentación económica do Concello, estarán ao dispor dos veciños e veciñas que os queiran consultar.
Na Conta Xeral inclúense todos os ingresos e gastos do último exercicio, que segundo o goberno municipal encabezado por Andrés Díaz contabiliza un saldo positivo de 1.036.005 euros.
Trátase segundo o rexedor dun exercicio de "seriedade, responsabilidade e transparencia".
CRÍTICAS DO PARTIDO POPULAR
Non interpreta da mesma maneira as contas o principal partido da oposición en Ponte Caldelas, o Partido Popular, sinalando ao seu xuízo que o exercicio de 2019 "arroxa un déficit contable de 198.987,71 euros". Ademais o PP acusa o Concello desviar ao ano 2020 "facturas sen pagar por importe de 700.000 euros", segundo criticou nun comunicado a formación encabezada por Antón Xil.