A Lama mantén conxeladas as taxas do lixo, auga e sumidoiros
Por Oskar Viéitez
A Corporación Municipal do Concello da Lama aprobou cos votos favorables do Partido Popular a conxelación das taxas de recollida de lixo, auga e sumidoiros para o ano 2021 e a revisión para o 2022 co fin de mitigar o déficit económico que acumula o servizo coa intención de que non resulte gravoso para a veciñanza mentras dura a pandemia do Covid-19.
Este foi o asunto máis importante do Pleno que celebrou a Corporación Municipal do Concello da Lama onde o alcalde, Jorge Canda e o tenente de alcalde, David Carrera, espuxeron a situación deficitaria pola que atravesa a prestación do servizo de recollida de lixo, subministro de auga e conservación de rede de sumidoiros que fan que as taxas que levan sin modificarse desde o 2013 quedaran desactualizadas afondando no desequilibrio orzamentario destes servizos.
Na votación, o concelleiro de Ciudadanos, Andrés Cal, único da oposición presente, pese a que manifestou que comprendía as razóns do equipo de Goberno, votou en contra porque a súa formación política é contraria á suba de taxas e impostos e reclamou que se revisaran as partidas orzamentarias para ver de onde se podía recurtar para facer máis sostible estes servizos.
Por outra banda, a Corporación aprobou para o 2021 como festivos locais o martes 27 de xullo (festas de Santa Ana e San Xoaquín) e o xoves 5 de agosto (Festa das Ermidas). Tamén deu luz verde á Conta Xeral de 2019 e ao protocolo de actuación relativo á rede de concellos Ágora polo Espazo Público.