A aula CeMIT de Cuntis ofrece un servido de axuda tecnolóxica para toda a veciñanza
Por Redacción
A aula CeMIT do Concello de Cuntis acollerá durante o mes de outubro, como xa fixo durante os últimos meses, unha ampla programación telemática de actividades de alfabetización dixital dirixidas tanto a persoas adultas como a nenos e nenas.
Os obradoiros comezarán xa a partir do vindeiro luns. Ademais, todos os luns, martes e mércores do mes, de 12.00 a 14.00 horas, estará operativo un 'Servizo de axuda tecnolóxica', no que as persoas interesadas poderán resolver on line calquera dúbida que teñan sobre o funcionamento de ferramentas tecnolóxicas como os móbiles, ordenadores, as tabletas, etc.
Un dos cursos deste mes ofrece a posibilidade de formarse en edición e deseño co programa GIMP. Terá lugar por videoconferencia os días 5, 6, 7 e 8 de outubro se 10.00 a 12.00 horas.
Do 19 de outubro ao 5 de novembro, de 10.00 a 12.00, celebraranse de xeito telemático os cursos de preparación das probas libres CODIX, a certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Este documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.
Todo os sábados dos meses os nenos e nenas serán os protagonistas, cos obradoiros de programación 'Cs First para nenos' (de 12.00 a 13.00 horas) e 'Micro:bit para nenos' (de 13.00 a 14.00).
As persoas interesadas en participar deberán contactar coa propia aula CeMIT para reservar unha praza, posto que son limitadas en todos obradoiros. Poden facelo a través do enderezo electrónico cemit.cuntis@xunta.gal, do teléfono 683 147 165 ou dende a páxina web da Rede CeMIT. Unha vez confirmada a reserva remitiranse ao correo electrónico das persoas solicitantes as instrucións par acceder a estas teleformacións.
Relacionadas:
-
Abren o prazo para inscribirse aos cursos da Aula CeMIT de Cuntis
Por Redacción |
-
A aula CeMit de Cuntis abre o prazo para matricularse no exame de competencias dixitais
Por Redacción |
-
Cuntis inviste 105.000 euros nas súas propostas educativas
Por Redacción |
-
Un setembro con moita actividade na aula CeMIT de Cuntis
Por Redacción |
-
A aula CeMit de Cuntis acollerá durante xullo e agosto actividades formativas sobre redes sociais
Por Redacción |