O PP sumase a veciñanza de Barro para esixir ao Sergas o servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular ven de sumarse aos colectivos veciñais na súa reclamación á Xunta de Galicia para que o centro de saúde de Barro volva a ter servizo de Pediatría.
Desde hai meses, con motivo da crise sanitaria, o centro de saúde de Barro perdeu ao seu pediatra, trasladándose este servizo a Lérez.
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, esixiu ao Servizo Galego de Saúde que reabra a consulta de pediatría no municipio.
Esta medida adoptouse por criterios organizativos e de necesidade de espazos polo que os concelleiros populares piden ao rexedor que "inicie as xestións oportunas coa Xunta para a ampliación das instalacións ou un novo centro de saúde novo", segundo comentan Manuel Corredoira, presidente da Asociación cultural e deportiva de Barro e José Suárez, concelleiro do PP.
Relacionadas:
-
Compromiso adquirido para recuperar o servizo de Pediatría en Barro
Por Anxo Lourido |
-
As familias da Lama recollen 250 sinaturas para demandar a Sanidade que repoña o pediatra
Por Redacción |
-
Indignación en Barro pola falta de pediatra no Centro de Saúde
Por Oskar Viéitez |
-
Barro esixe ao Sergas o regreso do pediatra ao seu centro de saúde
Por Redacción |
-
Barro e Monte Porrreiro queren garantías na cobertura pediátrica
Por Redacción |