Desinfección periódica das paradas de autobús de Cerdedo-Cotobade para aumentar a seguridade sanitaria no transporte escolar
Por Redacción
A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade está a desinfectar todas as paradas de autobús das 21 parroquias de municipio co obxectivo de incrementar a seguridade sanitaria durante o desenvolvemento do transporte escolar, xa que a dispersión da poboación provoca que moitos rapaces utilicen o autobús e compartan estes espazos durante bastante tempo cada xornada.
Segundo o protocolo municipal para facer fronte á Covid-19, estas desinfeccións realizaranse periodicamente co obxectivo de manter limpos estes lugares de agarda e diminuír deste xeito o risco de transmisión da enfermidade.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, destacou a importancia desta nova iniciativa, que leva desenvolvéndose xa hai algúns días, "xa que temos a intención de coidar dos nenos, na medida das nosas posibilidades pero sen negar ningún folgo, non só dentro dos centros educativos senón tamén en todos aqueles espazos nos que fagan a súa vida diaria".
Esta medida complementa outras implantadas polo Concello de Cerdedo- Cotobade no ámbito educativo con motivo do arranque do curso escolar, como o incremento da limpeza diaria dos tres colexios públicos, Carballedo, Tenorio e Cerdedo, e das dúas escolas infantís en ata catro horas diarias.
Ademais, procederase á entrega de máscaras infantís a todos os rapaces de ata 12 anos de idade co obxectivo de que a súa adquisición non grave ás familias. Está programado que esta acción se realice durante todo o curso lectivo ata o vindeiro mes de xuño.
Relacionadas:
-
Cribado masivo no IES de Cotobade tras detectarse varios positivos en covid-19 entre o alumnado
Por Redacción |
-
Protección Civil completou 240 operativos en Cerdedo-Cotobade durante o 2020
Por Redacción |
-
"A día de hoy, no hay contagios en los colegios, son niños contagiados por sus padres o familiares"
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Cerdedo-Cotobade reforza a limpeza nos seus centros educativos de Educación Infantil e Primaria
Por Redacción |