Bigotes felinos de Poio pide axuda urxente para que 'Levi' reciba atención veterinaria
Por Redacción
Bigotes felinos de Poio é unha iniciativa que arrincou o pasado agosto tras unirse varios veciños do municipio preocupados polos gatos que viven na rúa. A súa intención é a de implantar o método CES, captura - esterilización e solta -, nas colonias de felinos felares. Dada a falla de recursos económicos, queren que o Concello se implíque coa parte económica que permita o seu obxectivo.
Este pasado martes, a través do seu perfil de Facebook, poñían de manifesto o caso concreto dun gato ao que chamaron 'Levi'. Solicitan axuda económica entre a cidadanía que lles permita levar ao animal ao veterinario. 'Levi' como sinalan na súa rede social "ten a pel mal debido a que é de capa branca e está exposto á luz solar. Xa non ten voz para maullar e fai ruído ao respirar porque ten un forte arrefriado".
Fan esta chamada pública para poder levalo a un veteranio urxentemente porque "cada día apágase física e animicamente un pouquiño máis". A súa intención era organizar algunha convocatoria benéfica, como un mercadillo, pero a situación de pandemia impídello.
Así, aquelas persoas que queiran colaborar coa cantidade que estimen oportuna, poden facelo a través dun ingreso na conta de Abanca que facilitan no seu Facebook especificando ademais concepto e beneficiaria da achega. Tamén reciben achegas a través de Bizum. Para deixar fóra de dúbidas o destino do diñeiro que se poida conseguir, comprométense a facer públicas as facturas da prestación veterinaria que requira.
Relacionadas:
-
Poio perfila un plan para esterilizar os gatos que viven na rúa
Por Redacción |
-
RADIO.- Bigotes felinos de Poio busca colaboración do Concello para implantar o método CES no municipio
Por Marisa Ciordia |
-
Rescatan tres crías de gato xunto a un colector de lixo en Poio
Por Redacción |
-
Sete gatos recollidos en Cuntis buscan fogar con urxencia
Por Redacción |