O programa de emprego de Marín avanza cunha sesión de mobilidade transnacional
Por Redacción
A Biblioteca de Marín acolleu este martes unha sesión do programa integrado de emprego do Concello de Marín para o curso 2019/2020 que consistiu nun taller sobre mobilidade transnacional na Unión Europea.
Esta acción formativa, que se celebrou de forma online, foi seguida por unha trintena de persoas que puideron coñecer unha das herramiendas á súa disposición que amplía o abanico de posibilidades na procura de emprego.
O programa desenvolverase ata o 20 de outubro, aínda que foi solicitada unha ampliación á Xunta pola obrigación de suspender algunhas actividades grupais como consecuencia da pandemia,
Esta campaña está dirixida a desempregados menores de trinta anos e a finalidade do plan é posibilitar a integración laboral dos mozos con dificultades para acceder ao mercado laboral. Para a súa posta en marcha, o Concello recibiu unha subvención da Xunta de 200.000 euros, mentres que o goberno local achega 50.000 das súas arcas.