Promocionan o comercio local pontevedrés cunhas xornadas fotográficas para nenos
Por Manu Otero
O programa Atende ao Teu é a última campaña de promoción do comercio local posta en marcha polo Concello de Pontevedra, bajo o paraguas da campaña #PonteLovers, que consiste na exposición dunha colección fotográfica confeccionada por nenos de entre 8 e 12 anos. O obxectivo desta actividade é dar visibilidade e poñer en valor todos os beneficios de comprar no comercio local a través da mirada dos máis pequenos.
Impulsada pola Concellería de Promoción Económica en colaboración co colectivo Taller Aberto, a iniciativa consta de dúas partes. A primeira consistirá en dúas xornadas fotográficas infantís previstas para os días 17 e 24 de outubro. En grupos dun máximo de oito menores, que irán acompañados por dous monitores adultos, cada quenda visitará os comercios de catro barrios do centro da cidade para fotografar a súa actividade.
Haberá dúas quendas en cada xornada, de 10 a 11.30 horas e de 12 a 13.30 horas. Será necesario incribirse con cita previa posto que as prazas son limitadas e os interesados xa poden facelo a través do correo contacto@tallerabierto.com ou cumprimentando o formulario dispoñible na páxina web do Concello.
"Ao longo da sesión poderán coñecer todos os beneficios de mercar no comercio de proximidade da man dos propios comerciantes que irán visitando e tirar fotografías dos establecementos”, explicou a edila socialista Yoya Blanco. "O comercio é esencial para a cidade, non só pola parte económica, senón tamén porque contribúe á formación e consolidación ds tecidos urbanos”, engadiu África Martínez, organizadora da actividade xunto coa súa compañeira Ana Barreiro.
Para levar a cabo este roteiro, que se comezará pola zona de Andrés Mellado e Avenida de Vigo para seguir na segunda quenda por Loureiro Crespo, logo pola contorna da Peregrina e, finalmente, pola Zona Monumental; aos participantes entregaráselles máscara, xel desinfectante e manterial individual, así como unha cámara de fotos desechable coas que tomarán as instantáneas que logo se revelarán para dar forma á exposición que se exhibirá no mes de novembro no mercado de abastos e a través das redes sociais do Concello.
Relacionadas:
-
Os comerciantes de Pontevedra, a través da mirada dos máis pequenos
Por Redacción |
-
A segunda fase do Plan Reinicia Turismo de #Pontelovers convoca a un grupo de expertos para rescatar ás pemes turísticas
Por Redacción |
-
O Plan Impulsa de #PonteLovers pon en marcha as súas reunións grupais
Por Redacción |
-
#PonteLovers riza o rizo para facer realidade, en formato streaming, unha nova edición do Salón de Barbería e Estética
Por Redacción |