Pontevedra inicia outubro con 356 casos activos de coronavirus, 18 menos que onte
Por Redacción
A vixilancia especial do Sergas sobre os concellos da comarca con máis casos activos de coronavirus mantense. As restricións impostas nestes municipios comeza a dar os seus froitos. O exemplo é a capital da provincia que suma un novo día con descenso do número de casos, que se sitúa en 356, 18 menos dos rexistrados o último día de setembro.
Despois da reunión diaria dos alcaldes coa responsables da área sanitaria e da Consellería de Sanidade, o Sergas fixo públicos os datos de cada concello. Marín conta actualmente con 60 casos activos e 70 persoas en seguimento por manter contacto estreito con persoas contaxiadas.
Co obxectivo de seguir freando a curva, o Concello marinense acaba de desautorizar a instalación dun circo na vila como medida de precaución.
Pola súa banda, no Concello de Poio permanencen activos 55 casos. Ademais, Sanidade segue a outras 70 persoas que estiveron en contacto estreito con positivos.
En Sanxenxo son 33 os casos positivos. Mentres que en Vilagarcía contan con 63 contaxiados, catro menos que o día anterior, e 90 persoas en seguimento. Outro dos municipios con restricións especiais é Vilanova, onde hai contabilizados 20 positivos.
Relacionadas:
-
Baixan ata 765 (-30) os casos activos de coronavirus na área sanitaria nunha xornada con 14 novos contaxios
Por Diego Espiño |
-
Sanidade impón restricións en Sanxenxo e Meis a partir deste xoves
Por Oskar Viéitez |
-
A Covid-19, por concellos: dos 0 casos de Cuntis aos 384 de Pontevedra
Por Natalia Puga |