O Grove vendeu máis de 145.000 racións e ingresou 735.800 euros pola Festa do Marisco do 2019
Por Redacción
Con varios meses de atraso polo parón administrativo provocado pola pandemia da covid-19, o Concello do Grove fai públicos os datos da Festa do Marisco do 2019, a terceira mellor edición da historia no que a facturación refírese. Durante a celebración do evento vendéronse 145.008 racións que supuxeron un ingreso total de 735.855 euros.
Isto supón que a diferenza entre os ingresos e os gastos da festa, que ascenden a 971.817 euros, é de 235.962 euros, dos que 226.088 correspóndense cos gastos do festival musical e das actividades culturais asociadas á cita gastronómica. Unha sección do evento que é de carácter gratuíto e que, a diferenza da parte de cociña e comedor, non se lle aplica unha política de recuperación do investimento.
O déficit do evento rolda os 10.000 euros, o que interpretan desde o goberno local como unha mellora importante con respecto a outras edicións na que esta cifra situábase nos seis díxitos.
Estes datos convidan a reflexionar sobre a importancia do investimento e a repercusión deste evento e tamén sobre como este ano se poderá comprobar a súa importancia na dinamización económica da localidade. No Consello Local de Turismo coinciden na necesidade de buscar proxectos impulsores do municipio e que incidan, con seguridade, na calidade e viabilidade da vila como destino turístico.
As contas finais da festa do 2019 serán postas ao dispor do público a través da páxina web do Concello do Grove.
Relacionadas:
-
O Grove quere organizar a súa Festa do Marisco do 30 de setembro ao 12 de outubro
Por Redacción |
-
O Concello do Grove toma a "difícil decisión" de suspender la Festa do Marisco
Por Redacción |
-
A Festa do Marisco pasa o ecuador mantendo o volumen de racións vendidas
Por Redacción |
-
Comeza no Grove a gran mariscada galega
Por Oskar Viéitez |