Cerdedo-Cotobade suma unha máquina de roza ao seu dispositivo de loita contra incendios
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade reforzou o seu operativo municipal para a prevención e extinción de incendios forestais sumando unha nova máquina de roza.
En concreto investíronse 26.000 euros, financiados ao amparo do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta, para adquirir unha rozadora de brazo para tractor que conta con dous anos de garantía e dispón de servizo de asistencia técnica.
Coa nova maquinaria o obxectivo pasa por incrementar a limpeza dos montes do municipio, así como infraestruturas e outros bens públicos, tentando minimizar o risco de sufrir incendios forestais.
O alcalde, Jorge Cubela, acompañado de Lourdes Ovelleiro e de persoal municipal da Brigada de Obras, recibiu este xoves a nova adquisición destacando o "traballo incansable e os moitos recursos” que se están dedicando desde o goberno local á loita contra os incendios forestais ao tratarse Cerdedo-Cotobade dun territorio sensible e de alto risco sobre todo no verán.
Neste sentido, a pesar da chegada das choivas, Cubela advertiu do "perigo oculto" que tradicionalmente supón o mes de outubro "porque desgrazadamente así o di a historia e a estatística, polo que chamo a todos os veciños a colaborar e a non baixar a garda", defendeu o rexedor.
O Plan Municipal de Prevención e Extinción de Lumes Forestais atópase activo desde o pasado mes de xullo
Relacionadas:
-
Impulsan unha "acción transversal" para previr incendios en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Extinguido o incendio forestal de Augasantas, que afectou a 105 hectáreas
Por Redacción |
-
Un incendio forestal en Aguasantas arrasa 65 hectáreas de monte
Por Redacción & Oskar Viéitez |
-
Amplían ata outubro o operativo de extinción de incendios de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |