A ocupación hoteleira da provincia en setembro mellorou as previsións e situouse no 30%
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer os datos do Observatorio de Turismo que situaron á ocupación hoteleira da provincia en setembro nunha porcentaxe do 30%, o que supón, entre dez e cinco puntos superiores ao estimado.
En rolda de prensa Carmela Silva recoñeceu que "certamente os datos foron inferiores ao ano pasado, algo obvio porque vivimos nunha pandemia, pero os resultados, volveron a ser os mellores de Galicia para este mes de setembro, e sitúan á provincia de Pontevedra entre os destinos máis atractivos do Estado".
A comarca do Salnés tivo unha ocupación en establecementos hoteleiros do 28,2%, cun 28% en localidades como O Grove e do 31,4% en Sanxenxo; no caso da comarca de Pontevedra a porcentaxe situouse no 32%, ascendendo ao 34% na cidade; a comarca do Morrazo tivo una ocupación do 36%; a de Vigo chegou ao 37,3%, acadando o 40% na cidade de Vigo e o 32,4% en Baiona; a comarca de O Baixo Miño estivo no 32%; as comarcas do Condado e da Paradanta acadaron o 22% e as de Deza e Terra de Montes chegaron ao 24,4%.
No que respecta ao turismo rural, a media provincial en setembro foi do 31%, neste caso, tal e como explicou a presidenta, un punto superior ao esperado. Nestes establecementos, O Salnés acadou unha ocupación do 34,5%, con porcentaxes do 48,3% en vilas como Sanxenxo; a comarca de Pontevedra chegou ao 23%; O Morrazo rexistrou un 48,3%; a comarca de Caldas chegou ao 43%; a comarca de Vigo un 20%; O Baixo Miño tivo unha ocupación do 30%; as comarcas do Condado e da Paradanta o 31,5% e as de Deza e Terra de Montes un 15%.
Pola súa banda os cámpings tiveron unha ocupación media provincial en setembro foi do 30% e no que atinxe aos albergues foi do 9,2%, chegando ao 50% en concellos como Baiona e ao 25% en Pontevedra.
En canto as vivendas turísticas conseguiron no mes de setembro unha ocupación similar ao mes de xullo cunha porcentaxe do 68%, chegando ao 80% durante a primeira semana do mes, ao 74% na primeira quincena e ao 63% na segunda.
Relacionadas:
-
A Oficina de Turismo do Grove pecha o ano con máis de 9.000 visitas
Por Redacción |
-
O Grove contará coa súa primeira ruta autoguiada
Por Redacción |
-
Sanxenxo alcanza os 17.731 habitantes, a cifra máis alta na historia do municipio
Por Redacción |
-
Sanxenxo mantense como o destino turístico favorito de Galicia
Por Redacción |
-
Crean unha plataforma para reservar casas de turismo rural en toda Galicia
Por Redacción |
-
Sanxenxo recibiu durante a ponte do Pilar visitantes de 36 provincias españolas
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda aborda a replanificación do Xacobeo cos colectivos de Amigos do Camiño de Santiago
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Atlantic Fest presenta o vídeo da súa última edición marcada pola Covid e avanza na organización do próximo festival
Por Redacción |