O primeiro colchón anti COVID-19 fabricado en Galicia
Como consecuencia da pandemia, Elaxtic desenvolveu un colchón cun innovador tratamento antiviral que neutraliza o virus covid-19, evitando novos contaxios.
Da colaboración, a investigación e o desenvolvemento deste innovador tratamento antiviral aplicado aos tecidos, Elaxtic desenvolveu co seu tecido ViralProtect® a primeira gama de produtos de descanso anti COVID-19: colchóns e almofadas fabricados integramente en Galicia.
O tecido ViralProtect® está certificado e homologado e cumpre as normas ISO 20743 e ISO 18184 que garanten a eficacia do tratamento antiviral que neutraliza o virus COVID-19 e H1N1, virus comúns e bacterias nocivas para a saúde. Certificárono recoñecidas axencias europeas e americanas, como Bluesign®, Global Organic Textile, Global Recycled Standard, Master of Linen® ou BCI (Better Cotton Initiative).
A súa eficacia probada é o resultado da combinación de dúas tecnoloxías que forman a barreira de protección vírica: as nanopartículas de prata que actúan eficaz e rapidamente ao neutralizar a carga vírica tras unha curta exposición e a tecnoloxía de vesículas, que danan a membrana externa dos virus contribuíndo á súa destrución.
A capacidade antiviral e antibacteriana do colchón e a almofada ViralProtect® axuda a evitar novos contaxios, freando a cadea de propagación do seguinte modo: se un infectado por coronavirus dorme nun colchón ViralProtect®, a carga vírica neutralízase en poucos minutos, reducindo a transmisión nun 99%. O colchón en si non inflúe na saúde do enfermo, pero si pode romper a cadea de contaxio.
En hoteis, clínicas, hospitais e residencias supón un grao máis de prevención e de seguridade hixiénica para os seus usuarios, xa que un colchón ViralProtect® no que durma un infectado non será un foco de infección para o seguinte usuario.
Como indica Ramón Romero, xerente da fábrica de colchóns Elaxtic Comfort & Dreams situada en Cerdedo (Pontevedra): "A nosa preocupación xurdiu da necesidade de facer algo para mitigar os devastadores efectos da pandemia e buscar solucións dentro das nosas posibilidades. Queriamos axudar á nosa rede de clientes hoteleiros, clínicas, residencias e en xeral, ao sector sanitario, e en particular ás persoas, cun produto de descanso capaz de reducir a carga viral e evitar a propagación da enfermidade. Traballamos a contra-reloxo para desenvolvelo e poder ofrecer en tempo récord o produto terminado con todas as garantías."
Desde o pasado mes de xuño, os produtos ViralProtect® xa están dispoñibles na tenda propia de Elaxtic situada en Pontevedra, na rúa Benito Corbal, 53, e na súa rede de distribuidores de todo o país, colchonerías multimarca e moblerías.
A gama de colchóns e almofadas ViralProtect® ofrece, ademais, todas as prestacións de confort, calidade e ergonomía para un bo descanso, o colchón con dúas configuracións opcionais de núcleo en HR ou resortes Bonell e viscoelástica, e dúas almofadas, unha de núcleo de viscoelástica e outra de recheo de fibra.
DATOS DA EMPRESA:
Elaxtic Comfort & Dreams SL
Polígono O Sangal s/n Nave A
CP 36130 Cerdedo (Pontevedra)
986753497
info@elaxtic.com
comfortdreams.es / elaxtic.com
Contacto:
Alberto González Espina
Director Comercial
662 378 045
alberto@elaxtic.com