A morte dunha muller de 82 anos eleva a 21 as vítimas da covid-19 na área sanitaria
Por Redacción
A morte dunha muller de 82 anos elevou a 21 as vítimas da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo confirmou a Consellería de Sanidade.
Desde o Servizo Galego de Saúde indicaron que esta muller presentaba outras patoloxías previas.
Dáse a circunstancia de que este é o segundo falecemento por coronavirus en menos de tres días na área sanitaria, xa que o pasado mércores morría outra muller de 89 anos no Hospital Montecelo.
Ata este venres a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés acumulaba un total de 765 casos activos por covid-19, é dicir, o que supón 30 casos menos con respecto ao día anterior.
Tamén rexistráronse un total de 44 novas altas de pacientes curados.
O Sergas indica que hai seis persoas ingresadas na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) en Montecelo e outros 14 pacientes ingresados en planta.
Relacionadas:
-
A área sanitaria notifica 17 novos positivos, ningún cambio nos hospitais e unha redución de PCRs
Por Natalia Puga |
-
Infectados por covid catro sanitarios de Urxencias do hospital de Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Os centros educativos da área acumulan cincuenta casos positivos
Por Oskar Viéitez |
-
Os casos activos por covid-19 caen con forza en Pontevedra e máis timidamente en Marín, Poio ou Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanidade incorpora a Cambados aos municipios con restricións pola covid-19
Por Redacción |