Convocan unha nova protesta para esixir un bacharelato totalmente presencial
Por Oskar Viéitez
As familias do alumnado de bacharelato dos institutos Sánchez Cantón e Valle Inclán convocaron unha nova concentración para o mércores 7 de outubro para esixir á Xunta a igualdade de condicións educativas a través do 100% de presencialidade.
Unha representación destes pais e nais reuniuse este venres co portavoz do grupo municipal do Partido de Popular en Pontevedra, Rafa Domínguez, e a concelleira Pepa Pardo, para explicar a súa situación.
Domínguez afirmou que "a prioridade da Xunta, e que compartimos desde a miña formación, é a educación presencial".
Os populares comprometéronse con estes afectados a dar traslado das súas demandas á Xunta e emprazaron aos pais e nais a seguintes reunións para seguir avaliando a organización das clases.
"Sabemos o que se xoga o alumnado, nun contexto de crise social e económica, sementados de dúbidas. Entendemos perfectamente a súa situación e a nosa liña de traballo, como a da Xunta de Galicia, sitúase en dar coa mellor solución para todas as partes implicadas", dixo Rafa Domínguez nun comunicado.
Relacionadas:
-
O Sánchez Cantón ampliará o seu profesorado para recuperar a presencialidade no bacharelato
Por Manu Otero |
-
O Concello esixe a Educación o bacharelato "100% presencial" no Sánchez Cantón e o Valle Inclán "o antes posible"
Por Alejandro Espiño |
-
Educación autoriza o uso de mamparas nas aulas do instituto Valle Inclán
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG apoia ao alumnado do Sánchez Cantón e Valle Inclán que protesta contra o bacharelato semipresencial
Por Redacción |
-
Sánchez Cantón e Valle Inclán unen as súas voces para protestar por un bacharelato "que non é nin semipresencial"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Familias e alumnado do Sánchez Cantón volven manifestarse contra a "discriminación" da semipresencialidade
Por Redacción |