A Boa Vila ten 299 casos positivos de coronavirus
Por Oskar Viéitez
En Pontevedra capital os casos activos descenden en cinco, ata situarse nos 299.
Tamén se reduce un caso en Poio, quedando en 43 infectados.
Pola contra aumentan os casos en Marín, con tres novos positivos que elevan o número de contaxiados ata as 61 persoas. Tamén sobe un caso en Vilanova de Arousa, con 23 persoas.
En Vilagarcía redúcense en dous, sumando 59 casos.
E igualmente en Sanxenxo redúcense en dous, ata os 26. Hai que referir o positivo en covid dunha educadora da escola infantil O Revel, segundo informou o Concello este sábado.
Este positivo obriga a pechar unha das aulas de 2-3 anos con oito nenos, que deben gardar corentena durante dez días.
A educadora deste centro de titularidade municipal atópase ben, recuperándose na súa casa, e ningún alumno presenta síntomas por agora, engadiu o Concello no seu comunicado.