Desde o 13 de outubro a poboación de risco xa pode comezar a solicitar a súa vacinación contra a gripe. Unha campaña que se iniciou entre o persoal sanitario. Charlamos en PontevedraViva Radio con Victoria Aldea Míguez, responsable de vacinas na Xefatura Territorial de Sanidade, en Pontevedra.
A final de febreiro a OMS xa anunciou a composición das vacinas da gripe para este 2020, é alleo ese anuncio a todo o acontecido sanitariamente desde entón? e ten relación con esta pandemia o feito de que esa composición teña cambios considerables respecto a a vacina das últimas campañas?
Os grupos de risco, os que deben vacinarse, engaden esta campaña a varios colectivos máis da poboación que detalla Victoria Aldea no programa Mentres isto dure (que se adxunta a esta información).
Responde a cuestións que se pode plantexar a cidadanía neste momento: é posible unha coinfección COVID-19 e gripe?, como diferenciar síntomas dunha e outra?, van priorizar a determinados grupos de poboación para vacinarse?, se non se é grupo de risco e quérese a vacina, será posible vacinarse?, é recomendable vacinarse canto antes ou non?.