O Concello esixe a Educación o bacharelato "100% presencial" no Sánchez Cantón e o Valle Inclán "o antes posible"
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal expresou este luns o seu apoio "total" á comunidade educativa dos institutos Sánchez Cantón e Valle Inclán, que iniciaron mobilizacións para reclamar a Educación que garanta un bacharelato presencial en ambos os dous centros educativos.
A portavoz do executivo, Anabel Gulías, asegurou que o Concello rexeita "frontalmente" que os alumnos de ambos os institutos non teñan un bacharelato "100% presencial".
Aínda que Gulías asegura que "somos comprensivos" coas dificultades que ten Educación neste inicio de curso escolar, engade que "non podemos entender" que se dera esta "improvisación" por parte das autoridades educativas.
O Concello entende que a situación do bacharelato nos dous institutos fai que os seus alumnos "concorran en desigualdade" con respecto ao resto de centros de Galicia, especialmente para as probas de acceso á universidade.
Por iso, ademais de mostrar a súa "solidariedade" coas protestas iniciadas por pais, alumnos e profesores dos dous institutos, o goberno municipal esixe á Xunta de Galicia que adopte todas as medidas necesarias para garantir "o antes posible" que normalicen as clases.
PERMISO PARA AS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA
Con respecto ao IES Valle Inclán, a Xunta de Goberno autorizou que as clases de educación física poidan desenvolverse na avenida de Montero Ríos. Para iso, en horario escolar, reservaranse uns 850 metros cadrados de espazo público.
A maiores, o Concello garantirá que se manteña un "paso público" para atravesar a avenida e unha entrada acoutada para acceder ao propio instituto.
Anabel Gulías aclarou que "non consta" que ningún outro centro educativo da cidade pedise utilizar o espazo público da cidade para algunha das súas actividades.
Relacionadas:
-
Os bachareis do IES Sánchez Cantón recuperarán o luns 26 todas as clases presenciais
Por Oskar Viéitez |
-
O Sánchez Cantón ampliará o seu profesorado para recuperar a presencialidade no bacharelato
Por Manu Otero |
-
Unha profesora do instituto Sánchez Cantón dá positivo en covid
Por Redacción |
-
Continúan as protestas polo bacharelato presencial no IES Sánchez Cantón á espera da solución da Xunta
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Os docentes do Valle-Inclán alertan: "Non se garantiza a saúde do alumnado nin do profesorado"
Por Manu Otero |
-
Educación autoriza o uso de mamparas nas aulas do instituto Valle Inclán
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan unha nova protesta para esixir un bacharelato totalmente presencial
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG apoia ao alumnado do Sánchez Cantón e Valle Inclán que protesta contra o bacharelato semipresencial
Por Redacción |
-
Sánchez Cantón e Valle Inclán unen as súas voces para protestar por un bacharelato "que non é nin semipresencial"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |