Telmo Martín pide a Luisa Piñeiro que a Xunta continúe a reforma da PO-308 ata Portonovo
Por Redacción
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, mantivo este luns a súa primeira xuntanza de traballo coa nova delegada territorial da Xunta de Galicia, Luisa Piñeiro, para analizar as actuacións pendentes no municipio e estudar as demandas do goberno local.
A este respecto, desde Sanxenxo pídenlle á Xunta que continúe a mellorar a PO-308, en concreto, co tramo de Portonovo, onde se aposte por un bulevar que humanice ese tramo.
Ademais, Martín reclamou a recuperación da fachada marítima na zona da Telleira cunha nova senda que permita apostar polo valor ecolóxico deste entorno, así como construción doutra senda, neste caso fluvial, no río Dorrón.
Entre os principais temas que se trataron durante o encontro, atopáronse cuestións como a potenciación da imaxe turística de Sanxenxo, en especial, tras ser nomeado este municipio como territorio de preferente actuación turística.
A reforma do mercado de abastos, para a que o Concello acaba de pechar un concurso de ideas ao que se presentaron 63 proxectos, ou os avances nas obras do novo CEIP de Vilalonga completaron os temas a analizar durante esta primeira visita.
Luisa Piñeiro agradeceu a colaboración e o diálogo constante do alcalde de Sanxenxo co goberno galego para continuar a poñer en marcha proxectos para mellorar a calidade de vida dos veciños deste municipio.
O rexedor celebrou a visita da nova delegada territorial e insistiu en valorar moi positivamente o feito de que se trate dunha persoa que procede do mundo municipal, en especial, dunha muller que foi alcaldesa.
Relacionadas:
-
Sanxenxo recuperará o leito natural do río Sear, en Dorrón
Por Redacción |
-
Comezan os traballos previos ao asfaltado da PO-308 ao seu paso por Portonovo
Por Redacción |
-
O alcalde de Barro pídelle un novo centro de saúde á Xunta
Por Redacción |
-
A Lama busca o apoio da Xunta para renovar o edificio consistorial e a ponte sobre o río Xesta
Por Redacción |
-
Vilaboa quere ampliar o porto de San Adrián e potenciar o Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Moraña reclama a colaboración da Xunta para recuperar a área recreativa de Pontenova e Pontebrións
Por Redacción |
-
Luisa Piñeiro visita Cerdedo-Cotobade e a Illa de Arousa
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Bueu preséntalle á nova delegada da Xunta os proxectos prioritarios para a vila
Por Redacción |
-
Luisa Piñeiro inicia en Marín a súa rolda de contactos cos municipios de Pontevedra
Por Redacción |