Cruz Vermella recibe 304 toneladas de alimentos do programa de Axuda Alimentaria
Por Redacción
Este luns producíase a recepción no almacén que a Cruz Vermella ten en Pontevedra dunha nova partida de 304 toneladas de alimentos asignadas para a provincia polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no marco do programa de Axuda Alimentaria 2020.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, estivo presente nesta entrega de axuda alimentaria destinada á Asemblea Provincial da Cruz Vermella en Pontevedra, que serán quen a distribúa, xunto a máis dun centenar de asociacións pontevedresas, como o caso de Cáritas, entre as persoas con menos recursos da provincia.
A cesta de alimentos que se entregará aos beneficiarios inclúe arroz, legumes cocidas, leite enteira UHT, aceite de oliva, atún en conserva, sardiñas en conserva, conserva de carne, pasta alimenticia, tomate frito, galletas, macedonia de verduras, froita en conserva, batido de chocolate e tarriños infantís de froita e de polo.
Na súa visita aos almacéns da organización, a subdelegada do Goberno estivo acompañada pola súa presidenta provincial, María Teresa Álvarez, e pola secretaria e a técnica do proxecto, María Jesús Fernández e Berta Segovia.
Maica Larriba destacou que "Cruz Vermella e o máis de centenar de asociacións e colectivos sociais que contribúen ao reparto de alimentos, representan o músculo solidario da provincia nun momento no que as brechas sociais corren o risco de volver a ampliarse. Estas cestas de alimentos básicos, nutritivos e pouco perecedoiros son solucións efectivas que palían a situación de precarización das persoas máis desfavorecidas e materializan o compromiso deste Goberno para que ninguén se volva a quedar atrás".
Con esta entrega complétanse as 608 toneladas que se repartirán na provincia nesta segunda fase do programa, e que se suman ás 425 toneladas repartidas durante o primeiro ciclo do programa. O Banco de Alimentos, o outro centro de almacenamento e distribución da provincia, recibiu tamén nesta segunda fase 304 toneladas de comida.
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), puxo en marcha o pasado mes de marzo o 'Programa 2020 de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas', a través do cal se repartirán, de forma gratuíta, 88.448.397 quilos de alimentos en toda España.
Relacionadas:
-
Cruz Vermella leva atendidas máis de 6.600 persoas na comarca de Pontevedra debido á crise económica
Por Redacción |
-
Cruz Vermella Pontevedra inicia a campaña de vendas para o Sorteo do Ouro
Por Redacción |
-
Benestar impulsa un convenio co Banco de Alimentos para atender o incremento de familias en situación de necesidade
Por Redacción |
-
A Cruz Vermella recibe 212 toneladas de alimentos do Ministerio de Agricultura para repartir na provincia
Por Redacción |
-
E o aplauso das oito é para... o Banco de Alimentos que sostén a 700 persoas de Monte Porreiro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Máis de 200 persoas apuntáronse como voluntarias da Cruz Vermella na provincia para axudar as persoas máis desfavorecidas
Por Anxo Lourido |