Santa María de Xeve pon o broche de ouro a Saúde na Rúa, o programa municipal contra o sedentarismo
Por Redacción
A parroquia de Santa María de Xeve acollerá o vindeiro sábado clausúraa da primeira edición do programa Saúde na Rúa. Unha iniciativa impulsada pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde consistente fomentar a práctica deportiva ao aire libre nos barrios e parroquias da cidade para combater o sedentarismo nesta época de restricións sanitarias.
O evento, cuxa participación require de inscrición previa (saudenarua20@gmail.com), levarase a cabo en grupos dun máximo de dez persoas e haberá medidas de seguridade como o pintado de parcelas individuais no chan, toma de temperaturas e uso de xel hidroalcohólico.
A de Santa María de Xeve é a última actividade dun ciclo formado por catro sesións que xa pasou por Estribela, Monte Porreiro e Ponte Sampaio. As disciplinas serán variadas, haberá ximnasia, aeróbic ou pilates; e a duración dos exercicios variará en función das persoas rexistradas.
"Dado o éxito do programa sen dúbida terá continuidade e estenderase a outros barrios e parroquias en vindeiras edicións", declarou o concelleiro de Deportes, Tino Fernández.