Persoal de Urxencias denuncia que non se desinfectou tras os positivos por covid-19
Por Redacción
O brote de covid-19 na unidade de Urxencias do Hospital Montecelo acabou coa paciencia dos profesionais do servizo. Denuncian que tras detectarse varios positivos por coronavirus, as autoridades sanitarias non desinfectaron as instalacións.
En concreto, trasladan a PontevedraViva que non se realizou limpeza ou desinfección "de ningún tipo" nos despachos de Urxencias. Tampouco se colocaron biombos de separación nin censuran que desde a xerencia "non fosen aínda a visitar o servizo".
Aínda que desde o Sergas confirmaron ata o de agora catro casos positivos por covid-19, tres doutoras e unha auxiliar de enfermería, os traballadores elevan a cifra a sete. Aseguran que se contaxiaron cinco médicos, un residente de primeiro grao e a enfermeira.
Ademais, lamentan que ante estas baixas, a dirección do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra "permítese o luxo" de estar a traballar con dúas enfermeiras menos nun servizo tan delicado como o de Urxencias.
Por iso, o persoal de Urxencias asegura que adoptarán nas próximas horas medidas de presión que, nun primeiro momento, pasarán por concentracións ás portas do servizo.
Relacionadas:
-
Inspección de Traballo investigará a situación das Urxencias de Montecelo tras a repunta de covid-19
Por Oskar Viéitez |
-
Demandan máscaras de protección FFP2 ou FFP3 para os profesionais sanitarios de Pontevedra-O Salnés
Por Redacción |
-
Bará pide explicacións á Xunta sobre o atraso na desinfección de Urxencias de Montecelo ao detectar os positivos en covid-19
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Elevan a nove os positivos por covid-19 entre o persoal de Urxencias de Montecelo
Por Alejandro Espiño |
-
Infectados por covid catro sanitarios de Urxencias do hospital de Montecelo
Por Oskar Viéitez |