Moraña reclama a colaboración da Xunta para recuperar a área recreativa de Pontenova e Pontebrións
Por Redacción
Luisa Piñeiro volveu a casa. A Moraña. Desta volta, xa non como alcaldesa, senón como delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra. Fíxoo para analizar co seu substituto, José Cela, as demandas que desde o municipio se lle queren trasladar ao goberno galego.
A este respecto, o alcalde pediu o reforzo do firme de dúas estradas autonómicas, a PO-226 e a PO-221, así como a construción dun paso de peóns fronte ao local social de Alende.
Entre outros proxectos, Cela tamén solicitou o apoio da Xunta para a recuperación da zona da área recreativa de Pontenova e Pontebrións.
Ambos responsables políticos analizaron durante a xuntanza a posta en marcha inminente dos traballos do campo de fútbol do concello, así como o remate das obras do local social de Alende, executadas cunha subvención da Consellería de Política Social duns 200.000 euros.
Relacionadas:
-
O alcalde de Barro pídelle un novo centro de saúde á Xunta
Por Redacción |
-
Cumio entre Moraña e Cuntis para reforzar a súa cooperación interterritorial
Por Redacción |
-
A Lama busca o apoio da Xunta para renovar o edificio consistorial e a ponte sobre o río Xesta
Por Redacción |
-
Vilaboa quere ampliar o porto de San Adrián e potenciar o Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Telmo Martín pide a Luisa Piñeiro que a Xunta continúe a reforma da PO-308 ata Portonovo
Por Redacción |
-
José Cela toma posesión como alcalde de Moraña
Por Redacción |