A ITV móbil para vehículos agrícolas fará revisións en Ponte Caldelas en novembro
Por Redacción
A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) Agrícolas estará en Ponte Caldelas, na explanada do campo de fútbol municipal de Chan da Barcia, o próximo venres 6 de novembro.
O servizo será prestado pola empresa concesionaria da Inspección Técnica de Vehículos en Galicia, Supervisión y Control (SYC Applus+ ), e está dirixido exclusivamente a vehículos agrícolas.
Dende o Concello de Ponte Caldelas lembran que hai que solicitar cita previa na propia empresa concesionaria, a través do teléfono 902 309 000 ou na web www.sycitv.com.
Así mesmo, indican desde o Consistorio que todas as persoas que precisen axuda para a tramitación da cita poden pasarse polo Concello cos seus datos persoais e os do vehículo para facer a xestión.