Ruta do Viño Rías Baixas fleta 14 autobuses para as súas Xornadas de Portas Abertas
Por Redacción
A Ruta do Viño Rías Baixas vén de poñer á venda as entradas para as actividades que organiza dentro das IX Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia. Esta iniciativa, promovida pola Axencia de Turismo de Galicia en colaboración coas cinco Rutas do Viño da comunidade ten como principal obxectivo dar a coñecer a ampla oferta enoturística do distintos territorio a través de diferentes tipos de propostas.
A Ruta do Viño Rías Baixas terá lugar os días 24 e 25 de outubro. Co fin de que as experiencias sexan o máis seguras posibles, elaborouse un protocolo de prevención fronte á COVID-19, cunha redución do aforo. No caso dos Buses do Viño soamente están dispoñibles 9 prazas en cada itinerario.
BUSES DO VIÑO
A oferta do Roteiro do Viño Rías Baixas céntrase este ano nos xa tradicionais Buses do Viño. As entradas xa están á venda a través do portal web de Ataquilla.com, para un total de 14 percorridos, dous dos cales de carácter especial.
Os puntos de saída e chegada dos Buses do Viño serán a parada da Rúa Cánovas del Castillo-CC A Laxe (Vigo); a Praza de Galicia-Hiperxel (Pontevedra) e a parada do autobús metropolitano na Rúa A Rosa (Santiago de Compostela). A continuación, detállanse os distintos itinerarios e actividades:
SÁBADO 24 DE OUTUBRO
Autobús 1 (subzona do Rosal):
Saída Pontevedra: 10.00; Saída Vigo: 10.30 horas
Visitas ás adegas Valmiñor (11.30 horas); Lagar de Fornelos (13.00 horas) e Terras Gauda (17.00 horas)
Tempo libre para comer no Rosal/A Guarda
Regreso Vigo: 19.30; Regreso Pontevedra: 20.00 horas
Autobús 2 (subzona do Rosal):
Saída Pontevedra: 10:00; Saída Vigo: 10:30 horas
Visitas ás adegas Lagar de Fornelos (11.30 horas); Terras Gauda (13.00 horas) e Valmiñor (17.00 horas)
Tempo libre para comer no Rosal/A Guarda
Regreso Vigo: 19.30 horas; Regreso Pontevedra: 20.00 horas
Autobús 3 (subzona de Condado do Tea):
Saída Pontevedra: 10.00; Saída Vigo: 10.30 horas
Visitas ás adegas As Laxas (11.30 horas); Adegas Galegas (13.00 horas) e La Val (17.00 horas)
Tempo libre para comer en Salvaterra de Miño
Regreso Vigo: 19.30; Regreso Pontevedra: 20.00 horas
Autobús 4 (subzona de Val do Salnés):
Saída Santiago de Compostela: 10.30 horas
Visitas ás adegas Lagar da Cachada (11.30 horas); Martín Códax (13.00 horas) e Mar de Frades (17.00 horas)
Tempo libre para comer en Cambados
Regreso Santiago de Compostela: 19.30 horas
Autobús 5 (subzona Val do Salnés):
Saída Santiago de Compostela: 10.30 horas
Visitas ás adegas Mar de Frades (11.30 horas); Tomada de Castro (13.00 horas) e Lagar de Pintos (17.00 horas)
Tempo libre para comer en Cambados
Regreso Santiago de Compostela: 19.30 horas
Autobús 6 (subzona Val do Salnés):
Saída Vigo: 10.15; Saída Pontevedra: 10.45 horas
Visitas ás adegas GRANBAZÁN (11.30 horas); Bouza de Carril (13.00 horas) e Gil Armada (17.00 horas)
Tempo libre para comer en Cambados
Regreso Pontevedra: 19.00; Regreso Vigo: 19:30 horas
Autobús 7 (subzona Val do Salnés):
Saída Vigo: 10.15; Saída Pontevedra: 10.45 horas
Visitas ás adegas Lagar de Pintos (11.30 horas); Paco & Lola (13.00 horas) e Pazo Baión (17.00 horas)
Tempo libre para comer en Sanxenxo
Regreso Pontevedra: 19.00; Regreso Vigo: 19:30 horas
Autobús 8 (subzona Val do Salnés):
Saída Vigo: 10.15; Saída Pontevedra: 10.45 horas
Visitas ás adegas Lagar de Besada (11.30 horas); Adega Eidos (13.00 horas) e Martín Códax (17.00 horas)
Tempo libre para comer en Sanxenxo
Regreso Pontevedra: 19.00; Regreso Vigo: 19:30 horas
Autobús 9 (subzona Val do Salnés):
Saída Vigo: 10.15; Saída Pontevedra: 10.45 horas
Visitas ás adegas Viña Cartín (11.30 horas); Pazo Baión (13.00 horas) e Pazo de Rubianes (17.00 horas)
Tempo libre para comer en Vilagarcía de Arousa
Regreso Pontevedra: 19.00; Regreso Vigo: 19:30 horas
DOMINGO 25 DE OUTUBRO
Autobús 1 (subzona de Condado do Tea):
Saída Pontevedra: 10.00; Saída Vigo: 10.30 horas
Visitas ás adegas As Laxas (11.30 horas); Señorío de Rubiós (13.00 horas) e La Val (17.00 horas)
Tempo libre para comer en Salvaterra de Miño
Regreso Vigo: 19.00; Regreso Pontevedra: 19.30 horas
Autobús 2 (subzona de Val do Salnés):
Saída Vigo: 10.15; Saída Pontevedra: 10.45 horas
Visitas ás adegas Lagar de Besada (11.30 horas); Paco & Lola (13.00 horas) e Gil Armada (17.00 horas)
Tempo libre para comer en Cambados
Regreso Vigo: 19.00; Regreso Pontevedra: 19.30 horas
Autobús 3 (subzona Val do Salnés):
Saída Vigo: 10.15; Saída Pontevedra: 10.45 horas
Visitas ás adegas Viña Cartín (11.30), Tomada de Castro (13.00 horas) e Pazo Quinteiro da Cruz (17.00 horas)
Tempo libre para comer en Cambados
Regreso Pontevedra: 19.00; Regreso Vigo: 19:30 horas
VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS
Ademais destas actividades, un total de 21 adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas ofrecerán visitas guiadas gratuítas. O sábado 24 de outubro, en horario de 11.30, 13.00 e 17.00 horas e o domingo 25, ás 12.00 horas. As adegas que ofrecerán estes percorridos son as seguintes: Adegas Galegas, Bodegas As Laxas, Bouza de Carril, Adega Eidos, Gil Armada, Bodega GRANBAZÁN, Bodegas La Val, Bodegas y Viñedos Lagar da Cachada, Lagar de Besada, Lagar de Fornelos, Lagar de Pintos, Mar de Frades, Bodegas Martín Códax, Bodegas y Viñedos Paco & Lola, Pazo Baión, Pazo de Rubianes, Bodegas Señorío de Rubiós, Bodegas Terras Gauda, Tomada de Castro, Adegas Valmiñor e Viña Cartín.
ACTIVIDADES ESPECIAIS
A maiores, cinco establecementos asociados á Ruta do Viño Rías Baixas ofrecerán actividades especiais con motivo das IX Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, que inclúen visita, degustación, ademais doutras experiencias. Trátase da Adega Eidos, Bodegas GRANBAZÁN, Pazo de Rubianes, Pazo Quinteiro da Cruz e Señorío de Rubiós.
Para máis información sobre as actividades, as persoas interesadas deberán poñerse en contacto directamente cos establecementos asociados. No caso das propostas propias da Ruta do Viño, poden chamar aos teléfonos 986 091 088 ou escribir ao e-mail: info@rutadelvinoriasbaixas.com.
Relacionadas:
-
Xunta e Concello avanzan na transferencia da fachada marítima ao goberno de Cambados
Por Redacción |
-
Boa acollida das Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño Rías Baixas
Por Redacción |
-
A Xunta mantén as xornadas de portas abertas das rutas dos viños de Galicia adaptando o programa
Por Redacción |
-
As empresas da Ruta do Viño Rías Baixas fórmanse para adaptarse fronte á covid
Por Redacción |
-
Galicia avanza na reactivación do turismo de cara ao outono
Por Redacción |
-
Rías Baixas cualifica de Moi Boa a anada do 2019
Por Redacción |
-
A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas estudarán como potenciar o enoturismo en 2020
Por Redacción |