Agárdanse boas temperaturas nas Rías Baixas durante esta ponte do 12 de outubro
Por Redacción
Tempo agradable e tranquilo será o que marque as xornadas ao redor da ponte do 12 de outubro. Este venres, as Rías Baixas xa se atopan baixo a influencia das altas presións, pero afectadas por unha fronte pouca activa que chegou ao litoral norte. As temperaturas continuarán entre os 11 e os 24 graos con vento que soprará frouxo, de dirección variable, segundo o servizo de Meteogalicia..
Este sábado 10, Galicia manterase baixo esa influencia de altas presións, con ventos do nordés. Con esta situación, espéranse ceos pouco nubrados ou despexados, con máis nubes no norte da comunidade. Os ventos soprarán do nordés con intensidade moderada en xeral e os termómetros moveranse entre os 13 e os 23 graos.
A mesma situación producirase durante o domingo 11, unha xornada con influencia anticiclónica pero cun lixeiro descenso das temperaturas, que pasarán a establecerse entre os 10 e os 22 graos. O vento seguirá soprando do nordés de maneira moderada.
Xa o luns festivo, 12 de outubro, Galicia continuará baixo o dominio das altas presións situadas ao nordeste dos Azores. Haberá néboas matinais en comarcas do interior e ceo despexado na metade sur da comunidade. As temperaturas máximas ascenderán lixeiramente e estableceranse entre os 9 e os 23 graos con ventos que soprarán frouxos de dirección variable.
A partir do martes 13, Galicia manterase baixo as altas presións e con ventos de compoñente norte. Na zona de Pontevedra os ceos permanecerán máis abertos con temperaturas suaves que oscilarán entre os 9 e os 18 graos.