Poio presenta o programa dos actos do décimo aniversario da Casa Museo de Colón
Por Redacción
O Concello de Poio xa ten a programación dos actos do décimo aniversario da Casa Museo de Colón. O alcalde Luciano Sobral e concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez, presentaron este venres o evento que comezará o 16 de outubro e prolongarase ata finais de ano.
Inaugurada o 23 de novembro do 2010, á presentación do décimo aniversario acudiron tamén o presidente da Asociación Galicia Histórica, Pedro Martín; e o arquitecto pontevedrés Enrique Barreiro.
O programa inclúe conferencias, homenaxes, actos institucionais e mesas redondas. Para inaugurar o ciclo, o venres 16 de outubro no Casal de Ferreirós abriranse as portas da exposición dos Facsímiles do Quinto Centenario, que forman parte da colección persoal de Enrique Barreiro e que profundan na teoría de que Cristóbal Colón era galego. A mostra estará aberta ao público ata o 22 de decembro.
O día 17 deste mes terá lugar una das citas máis importantes da programación coa celebración na propia Casa Museo do acto de entrega de recoñecemento ao Coloniano de Honra, así como varias homenaxes póstumas. Os nomes dos condecorados faranse públicas nos próximos días, aínda que desde a organización avanzan que son personalidades relacionadas coa teoría da orixe poiense do descubridor de América.
Martín Gilarránz, como representante da Asociación, afirmou que "é imprescindible poñer en valor este edificio e aportar documentación para afirmar a teoría do Colón galego" ademáis de "potenciar o valor turístico do Museo e dos asentamentos mediante a ruta do Padre Feijoo e do Padre Sarmiento coa Ruta Xacobeo.
As actividades continuarán en novembro coa celebración, o día 6, dunha conferencia a cargo de Rodrigo Costoya Santos. O día 20, está prevista unha mesa redonda tamén en Ferreirós para falar sobre a importancia das mulleres precursoras da teoría do Colón Galego.
O día 23, xornada na que se celebra o décimo aniversario do museo de Portosanto, terán lugar os actos institucionais principais pola mañá e unha nova conferencia pola tarde.
A programación pecharase o 18 de decembro cunha charla a cargo do párroco Luís Pose Regueiro no Casal de Ferreirós.
Remarcan desde a organización que todos os actos desenvolveranse seguindo os protocolos de seguridade marcados polas autoridades sanitarias, como apuntou a concelleira Raquel Rodríguez. O alcalde de Poio, Luciano Sobral, mostrouse orgulloso polo décimo aniversario dende a inauguración da Casa Museo e destacou a importancia da recuperación xa que "era unha auténtica ruína".
Relacionadas:
-
Poio reservará para 2021 gran parte dos actos do décimo aniversario da Casa-Museo de Colón
Por Redacción |
-
A Cartoteca da Deputación pon a disposición do público a carta náutica cos 45 topónimos da ría de Pontevedra "que Colón utilizou en América"
Por Oskar Viéitez |
-
O Casal de Ferreirós acolle a mostra "Facsímiles do V Centenario"
Por Redacción |
-
Cultura de Poio traballa na programación do décimo aniversario da Casa Museo de Colón
Por Redacción |
-
A Casa Museo de Colón únese á Rede de Espazos de contido Museístico Atlántico
Por Redacción |