Máscaras personalizadas para o alumnado do CEIP Pedro A. Cerviño de Campo Lameiro
Por Redacción
Integrantes da corporación de Campo Lameiro co alcalde Carlos Costa entregaban nas últimas horas máscaras personalizadas á directora e á profesora de inglés do CEIP Pedro Antonio Cerviño para que se reparta entre os escolares deste centro para partir do próximo martes 13.
Nun sobre vermello contéñense dúas máscaras personalizadas co nome de cada un dos estudantes. Trátase dunha medida orientada a preservar á poboación de Campo Lameiro da pandemia.
Estas pezas foron confeccionadas por unha empresa local pertencente a Patricia Fernández e con esta campaña, o goberno local quere axudar ás familias no gasto deste material ao mesmo tempo que facer máis atractivo para os escolares o uso das máscaras durante a asistencia ás clases e ao recinto escolar.
As máscaras son lavables a 60 graos de temperatura para eliminar as bacterias e virus e contan cun filtro composto por tea de polipropileno, de alta resistencia. O filtro é apto para 30 lavados e está formado por material hipoalergénico.
O alcalde destacou durante a entrega o comportamento exemplar da cidadanía do municipio durante todos estes meses nos que están a cumprir con todos os protocolos sanitarios.