Comerciantes, empresarios e oposición fan piña para reabrir Raíña Vitoria ao tráfico
Por Manu Otero
A sede da agrupación provincial do Partido Popular foi escenario este martes dun encontro entre representantes do tecido empresarial de Pontevedra con concelleiros da oposición para analizar o peche ao tráfico de vehículos da rúa Reina Vitoria e deseñar estratexias para convencer ao goberno local de que rectifique.
"É un corte de tráfico que non achega nada, prexudica gravemente ao tráfico", sinalou o lider dos populares, Rafa Domínguez, que pedirá de forma formal no próximo pleno a reversión desta medida.
"A ver que vota o PSOE porque do BNG non esperamos nada", asume coa remota esperanza de que os socialistas, socios de goberno dos nacionalistas, rompan a alianza e forcen ao executivo local a reabrir a rúa ao tráfico. Algo que todo apunta que non ocorrerá porque na comisión informativa de Mobilidade deste martes, os edís do PSOE votaron en contra da proposta dos populares.
En termos similares expresouse tamén o presidente de Aempe, Jose María Corujo. "En Pontevedra fálannos de mobilidade amable e téñennos atrancada toda a cidade", declarou sobre as consecuencias do peche que provocou un aumento do tráfico, con colapsos puntuais, en rúas contiguas como Manuel do Palacio, Corvaceiras ou San Roque.
"Estás a dicirlle á xente de fóra da cidade que non veña porque non son benvidos, non saben por onde entrar", puntualiza Corujo un dos principais problemas desta medida xustificada polo Concello como unha acción para evitar aglomeracións na entrada de alumnos ao IES Sänchez Cantón e previr así contagios por coronavirus. "Ponse a pandemia como escusa, parécenos deshonesto", denuncia o representante dos empresarios.
Máis belixerante mostrouse o representante da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, Eduardo Barros, ao defender que "se está pechando a cidade á afluencia de público e traballadores á capital porque isto é unha capital, aínda que se xestiona como un pobo", afeou.
Por iso asegurou que "imos utilizar todos os medios posibles para que se volva a abrir a arteria principal de entrada e saída da cidade", para rematar dicindo que se trata de "un peche caprichoso".
Relacionadas:
-
José María Corujo vence nas eleccións en AEMPE, marcadas pola polémica
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Sánchez Cantón contará con dez aulas adicionais o próximo curso para adaptarse ao contexto covid
Por Manu Otero |
-
O PP, preocupado porque o peche de Raíña Vitoria atrasa as intervencións dos servizos de emerxencia
Por Redacción |
-
Mosquera compara aos opositores ao peche de Raíña Vitoria cos "cayetanos"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PSOE exhibe a súa lealdade ao BNG e pide tempo para valorar se o peche de Raíña Vitoria é acertado
Por Manu Otero |
-
O PP acusa o PSOE de "traizoar a Pontevedra" ao posicionarse en contra da reapertura de Raíña Vitoria
Por Manu Otero |
-
O sindicato UFP critica o uso de bolardos, postes e xardineiras nas rúas peonís porque "poñen en risco o labor policial"
Por Redacción |
-
O corte de Raíña Vitoria será "indefinido" e manterase "mentres dure a covid-19"
Por Alejandro Espiño |
-
Lamentan que Rafa Domínguez estea "baixo a tutela" do PP de Poio, "un dos peores PP que hai"
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez pide ao alcalde "que chame á orde e controle" ao concelleiro Demetrio Gómez
Por Oskar Viéitez |
-
Comerciantes de Raíña Vitoria trasladan ao Concello o seu rexeitamento ao corte ao tráfico da rúa
Por Redacción |
-
O PP critica ao Goberno local por pechar Raíña Vitoria "sen base técnica nin consenso"
Por Redacción |
-
Un bando regula o peche da rúa Raíña Vitoria
Por Redacción |