A Deputación lanza un proxecto para modernizar os procesos de selección de persoal
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra iniciará de forma inminente un proceso de contratación de persoal que servirá para poñer en marcha o programa trOPOS, un novo sistema de selección de traballadores para a administración local que primará as competencias sobre a memorización. A nova normativa será publicada no Boletón Oficial da Provincia a próxima semana. Estas bases rexerán a contratación de dous funcionarios interinos do grupo A para que durante tres anos redacten material de apoio e asesoren aos concellos e tribunais para que as oposicións resulten máis eficaces.
A intención é que nos meses de novembro e decembro selecciónese ao persoal de trOPOS e que o programa estea plenamente operativo a principios do próximo ano, confesou o vicepresidente César Mosquera.
Nestes momentos xa está dispoñible a versión impresa e dixital da guía Conceptos e normas básicas sobre os procesos selectivos, obra redactada polo propio vicepresidente da Deputación e impulsor deste proxecto. Unha copia desta guia será distribuída entre todas as administracións do país..
O programa trOPOS, que significa Transformar Oposicións, pretende unha cambio profundo no desenvolvemento destas probas co obxectivo de que o persoal seleccionado sexa realmente, e non só na teoría, o máis adecuado para o seu posto dentro da administración.
Para modernizar os procesos selectivos das administracións públicas, a Deputación contratará a dous técnicos superiores especialistas en procesos selectivos que se encargarán de planificar, programar, avaliar e executar o proxecto trOPOS.
Relacionadas:
-
A Deputación recibe 40 solicitudes para desenvolver o programa Tropos
Por Redacción |
-
A Deputación abre o proceso de selección do persoal que redactará o programa Tropos
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras ameaza con levar o programa Tropos aos tribunais se non hai negociación
Por Manu Otero |
-
Mosquera fai un chamamento á "xente moi valiosa" para que se presente a dúas prazas de funcionario da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación elabora unha ordenanza pioneira sobre compostaxe
Por Oskar Viéitez |