O alcalde de Cotobade lamenta que os socialistas votaran en contra da aprobación inicial do PXOM
Por Oskar Viéitez
A corporación municipal de Cotobade celebrou este xoves o pleno ordinario no cal un dos puntos da orde do día consistía na aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que leva en redacción dende o ano 2009 desde que a Xunta do bipartito, no ano 2007 obrigara ao Concello a reiniciar os traballos dun novo Plan por ser a proposta presentada "técnicamente inviable".
O PXOM foi sacado adiante cos votos favorables do grupo de goberno e rexeitado polo grupo socialista.
O alcalde, Jorge Cubela (PP), sinalou que o seu equipo o que fixo foi "recoller o guante do anterior goberno, traballando a partir da proposta e das bases que nos deixaron" por este motivo critica a actitude dos socialistas dicindo que "votaron contra sí mesmos porque as líñas xerais do plan as fixo o anterior alcalde que agora está na oposición".
"O voto en contra do Plan foi un acto de cinismo", dixo o alcalde
"Nas distintas reunións que houbo Loureiro nunca fixo aportacións. O voto en contra do Plan foi un acto de cinismo, unha instrumentalización política de algo que vai ser moi beneficioso para os veciños de Cotobade", dixo o rexedor, Jorge Cubela.
O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, salientou que agora mesmo calquer veciño que se quixera construir unha casa necesitaba ter unha parcela dentro de núcleo de máis de 600 metros cadrados, co novo Plan chegaría con 200 metros cadrados. Ademais indicou que por primeira vez na historia do municipio o planeamento reserva chan para uso industrial.
Pola súa banda o portavoz do grupo municipal do PSOE, o exalcalde, Manuel Loureiro, sinalou que "os socialistas entendemos que por parte do alcalde non se forzou o suficiente, conformandose coas propostas do equipo redactor".
"Os socialistas entendemos que por parte do alcalde non se forzou o suficiente", asegurou Manuel Loureiro
Manuel Loureiro sinalou que os socialistas opuxéronse á aprobación inicial deste documento de Plan Xeral por dúas razóns fundamentais. A primeira, é a "reducción drástica da superficie útil para poder construir pasando dunha superficie útil para edificación nas normas que rixen na actualidade de 910 hectáreas a 665, o cal supón unha dificultade importante para os veciños á hora de dispor de terreos que servan para constrir vivendas novas".
E a segunda razón, e que "as Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes recollen, por ter características similares de malla urbana dous espazos considerados como núcleo urbano: na Chan-Cuqueira, na parroquia de Carballedo, e Río Tenorio Tralasmós-Torrevella na parroquia de Tenorio. No documento de Plan Xeral clasificase este núcleo de Tenorio como solo de núcleo rural, perdendo así a condición de núcleo tal como estaba recollido nas Normas Subsidiarias".
Apunta Manuel Loureiro que incluense tres espazos catalogados como solo urbanizable, previstos para nova expansión, en Torrevella, no terreo anexo á gardería infantil e en Outeiral-Tralasmós. "Para o seu desenvolvemento é preciso elaborar un plan especial a cargo dos propietarios, para o cal terán que porse de acordo os propietarios das parcelas, co fin de definir os viarios, a cesión de terreo para servizos públicos e zonas verdes, así como urbanizar a zona cos servizos correspondentes. Entendemos que non é facil desenvolver un plan especial nun terreo que é de moitos propietarios e, sobre todo, polo elevado custo que lle suporía ós veciños, xa que este Plan Especial deberá ser aprobado pola Xunta de Galicia".
Finalmente o voceiro socialista indica que "tampouco se contempla a creación dun soi metro cadrado de solo urbanizable residencial que permita o desenvolvemento do Concello a través de pequenas urbanizacións".
A partir da aprobación inicial polo Pleno e da súa publicación no DOG, ábrirase un período de exposición pública por espazo de dous meses para coñecemento dos veciños e a formulación das alegacións que éstes consideren.
O alcalde anunciou que durante este tempo convocará aos veciños a reunións informativas para que coñezan polo miúdo o Plan e presenten as alegacións que consideren oportunas. "Queremos facer ben as cousas", concluiu Jorge Cubela.