A reforma do ximnasio da ONCE, en marcha
Por Redacción
A reforma do antigo ximnasio da Once en Pontevedra está a piques de comezar. O concelleiro de Deportes, Tino Fernández, asinou esta semana a acta de reformulo dos traballos e o inicio das obras é "inminente".
Cun orzamento que rolda os 450.000 euros procedente de fondos europeos e un prazo de execución de seis meses, a actuación servirá para poñer fin aos problemas de humidade e condensación que presenta o inmoble, incidindo especialmente na modificación da cuberta e da fachada, así como na creación dun ximnasio adecuado para o adestramento, eficiente a nivel enerxético e que cumpra coa normativa antiincendios vixente.
O proxecto contempla tamén a mellora da accesibilidade, o acondicionamento da urbanización, do acceso ao pavillón e a reparación da estrutura.
Ademais substituiranse as carpinterías existentes por xanelas fixas de aluminio e executaranse labores de mantemento e pintado, substitución do teito da pista, revestimento do teito da entrada, a instalación dun xerador de auga quente mediante enerxía solar e unha unidade de tratamento de aire para a climatización, ventilación e control da humidade do aire.
Esta reforma terá "unha enorme importancia para algúns deportes minoritarios, como o taekwondoo a esgrima, posto que o pavillón dedicarase principalmente a estas disciplinas que dispoñerán dunhas instalacións con todo o material e as condicións que necesitan para adestrar", concluíu Fernández.
Relacionadas:
-
O renovado pavillón da ONCE convértese no centro de operacións do taekwondo e a esgrima
Por Manu Otero |
-
A reurbanización dos terreos da ONCE comezará no primeiro trimestre de 2021
Por Alejandro Espiño |
-
A finais de abril estarán rematadas as obras de reforma do antigo ximnasio da Once para a práctica de esgrima e taekwondo
Por Redacción |
-
A remodelación da cuberta do pavillón polideportivo da Seca comezará nos vindeiros días
Por Redacción |
-
Adxudicadas as obras de reforma do antigo ximnasio da ONCE
Por Redacción |