Detido por maltratar o seu pai o home que se atrincherou hai tempo na súa casa de Vilargarcía
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Local de Vilagarcía de Arousa detiveron un home, de 44 anos de idade e con antecedentes policiais, como presunto autor dos delitos de malos tratos no ámbito familiar, lesións e un delito contra a saúde pública.
Trátase do mesmo home que o pasado mes de maio atrincheirouse na súa casa armado cunha escopeta.
Nesta ocasión os feitos tiveron lugar o pasado luns 12 de outubro, ao redor das 21.00 horas. Foi nese momento cando a través dunha chamada ao 091 alertábase dunha presunta agresión dunha persoa ao seu pai no domicilio familiar, encerrándose despois na primeira planta da vivenda.
Os axentes, unha vez no lugar, solicitaron unha ambulancia para a asistencia do pai, e tamén pediron colaboración aos bombeiros para poder acceder ao lugar no que se atopaba, aínda que ao decatarse saíu fuxindo pola xanela.
Segundo relata a Policía, realizouse entón unha batida polas inmediacións sen lograr localizarlle.
Ante esta situación, os pais pasaron a noite nun hotel, e foi ao día seguinte ao volver ao seu domicilio acompañados por axentes cando atoparon no lugar ao presunto agresor, que foi detido. Ademais un dos policías observou na habitación a presenza de drogas e obxectos utilizados para a súa pesada.
En concreto, nun rexistro posterior autorizado xudicialmente foron incautadas unhas balanzas de precisión, bolsas cunha substancia no seu interior, 2 quilos de haxix dispostos en tabletas e cilindros cun valor no mercado ilícito duns 12.000 euros, 400 gramos de marihuana cun valor aproximado de 3.000 euros, e uns 20 gramos de cocaína e substancia de corte. Ademais atopouse un invernadoiro de plantación e todo o material para o secado e embalaxe de substánciaa estupefaciente.
O detido, tras prestar declaración en dependencias xudiciais, foi posto en liberdade non sen antes impoñerlle unha orde de afastamento de 200 metros dos seus pais.