O condutor implicado en tres accidentes en 24 horas 'pasa' do xuíz
Por Natalia Puga
Estaba citado para as 9.00 horas no Xulgado de Garda. Non se presentou á hora. A media mañá non chegara. Dende o xulgado intentaron localizalo sen éxito. A mediodía, seguían sen noticias súas. Finalmente, beneficiouse dunha moratoria e poderá comparecer ata o luns 29 de outubro, pero se algo quedou claro é que este individuo pasa de render contas ante a Xustiza.
O protagonista é un condutor pontevedrés que se viu implicado en tres accidentes de circulación en menos de 24 horas entre a noite do 17 de outubro e a tarde do 18 e que para este venres 26 de outubro tiña fixado un xuízo rápido. Si compareceron as testemuñas e condutores dos outros vehículos afectados pola súa condución, pero marcharon frustrados: "perdí la mañana", ceclaró o piloto dun coche co que colisionar.
O home máis esperado no Xulgado de Garda está acusado dun delito contra a seguridade vial ao dar positivo en cocaína e se cae en mans doutro xulgado o seu caso podería terse convertido xa en dilixencias previas e elevadas ao Xulgado do Penal. O Instrución número 2 de Pontevedra foi máis benevolente. Sempre axustándose á legalidade, aínda lle permitirá someterse a un xuízo rápido o luns.
O condutor do vehículo ao que golpeou en dúas ocasións mentres estaban a facer un Ceda el Paso na rotonda entre as rúas Eduardo Pondal e Uxío Novoneyra non está moi de acordo con esta decisión. Se é o caso, o seu avogado chegou a un acordo coa aseguradora do condutor denunciado para que asuma o custo da reparación do seu vehículo, 162 euros, e renunciou ás accións penais.
O primeiro dos accidentes produciuse, segundo tivo constancia a Policía Local, ás 22.12 horas da noite do 17 de outubro na rúa Augusto García Sánchez. Dúas horas depués, ás 0.57 horas da madrugada do día 18, golpeou un muro cando sacaba o seu coche do garaxe.
Xa pola tarde dese mesmo día, ás 20.45 horas, tívose constancia do principal dos sinistros nos que se viu implicado. Conducía un turismo marca Rover de cor verde propiedade da súa nai e co carné caducado cando colisionar por alcance en dúas ocasións cun coche Seat León situado diante e unha con outro vehículo situado detrás, pero que non quixo denunciar o sucedido.
O coductor do Seat León declarou este venres ás portas do Xulgado de Garda que "parecía como que quería adelantarnos, no respetar el Ceda el Paso".