O Hospital Provincial muda a súa iluminación para conmemorar o Día do Recordo
Por Redacción
O Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra uniuse este xoves, 15 de outubro, á conmemoración do Día Mundial da concienciación sobre a morte gestacional e perinatal a través da iluminación da fachada do Hospital Provincial para visibilizar a dor por estas perdas, que inclúen desde falecementos intrauterinos ata despois do alumeamento.
A supervisora da Unidade de Partos do CHUP, Natalia Alonso, sinala que para os proxenitores esta perda é unha experiencia tremendamente dura. "Hoxe en día, na nosa área sanitaria, somos conscientes máis que nunca da importancia da empatía, o acompañamento, a continuidade da atención e o fomento da asistencia individualizada", explicou a encargada.
"Lograr un proceso autónomo de toma de decisións por parte dás mulleres e as súas parellas mesmo sobre a súa despedida é de alta importancia", remarcou.
Nestas situacións, "o noso traballo no CHUP revela que a maioría de nais e pais confirman os beneficios de ver, coidar e poder despedirse do seu bebé tras a súa perda. É un tempo que lles permite exercer de pais, coidar ao seu fillo e asegurarse de que teña unha despedida conforme ás súas crenzas. Os obxectos de recordo e do seu tempo no hospital representan recursos dun alto valor que favorecen o proceso de duelo", conclúe Alonso.