O Porto de Marín investirá 35 millóns ata 2024 para mellorar o seu calado e ampliar o peirao comercial
Por Alejandro Espiño
Ata 35,2 millóns de euros investirá a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra para mellorar as súas instalacións. Así se recolle no Plan de Empresa 2020-2024 que foi autorizado por Portos do Estado.
As principais actuacións que se executarán ao longo do próximos catro anos están a mellora do calado no peiraos Adolfo Reboredo, á que se destinarán 5,3 millóns; ou a prolongación do novo peirao comercial, para a que se reservan 8,5 millóns.
Estas obras permitirán, entre outras cuestións, que o principal porto da ría de Pontevedra poida atraer novos tráficos que reforcen a súa actual posición dentro do roteiro atlántico de mercadorías.
O plan estratéxico, que o presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa, presentou ante o presidente de Portos do Estado, Francisco Toledo, recolle ademais a intención de acoller grandes cruceiros de luxo nos próximos anos.
Na reunión con Portos do Estado, Suárez Costa explicou que, a pesar de sufrir o descenso de tráficos portuarios como consecuencia da pandemia, o Porto de Marín conseguirá pechar en positivo o exercicio 2020.
Ademais, ambos os dous dirixentes analizaron a necesidade de ordenar a zona de augas das rías galegas de forma homoxénea, algo que se acordará coa Dirección Xeral de Costas.
Relacionadas:
-
O Porto de Marín experimentou neste ano unha suba do 3% en volume de mercancías
Por Redacción |
-
A descarga de peixe conxelado intensifícase no Porto de Marín
Por Redacción |
-
Avanzan os trámites administrativos da nova delimitación de espazos e usos do Porto de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
O Porto de Marín retirou máis de 20 toneladas de lixo mariño no que vai de ano
Por Redacción |
-
A Autoridade Portuaria prorroga dez anos a concesión da terminal cuberta
Por Oskar Viéitez |