Nova iluminación e o dobre de puntos de luz para mellorar a visibilidade e seguridade viaria en A Brea e Ameal
Por Redacción
A zona da Brea e Ameal, en Seixo, acaba de estrear un nova iluminación dentro dos proxectos do Concello de Marín para a substitución do alumeado público da vila por novas alternativas máis eficientes.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e os concelleiros Pablo Novas e Raquel Soage visitaron este sábado a zona para comprobar o resultado da obra de renovación total do alumeado público.
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, explicou que con este proxecto aumentáronse practicamente ao dobre os puntos de luz existentes e conseguiuse mellorar substancialmente a visibilidade nesta estrada, unha demanda moi importante da cidadanía. Ademais, conseguiuse unha mellora da seguridade viaria.
Dentro deste proxecto instaláronse luminarias con tecnoloxía LED que axudan ao aforro enerxético, renováronse os cadros de alumeado e mellorouse a estética dos puntos de luz.
Os traballos realizounos a empresa pontevedresa SETGA e tiveron un orzamento de 30.250,00 euros.