Avanzan as obras para que a parroquia de Escuadra conte cun centro sociocultural
Por Redacción
David Carrera e Daniel Vidal, tenente de alcaldía e concelleira de cultura e Deportes da Lama, respectivamente, visitaban este luns as obras de construción do novo centro sociocultural para a veciñanza da parroquia de Escuadra.
Este edificio atópase nas proximidades da carballeira e do campo da festa do Peso e contará cunha capacidade para acoller actividades que rolden un aforo máximo dun centenar de persoas.
O edificio contará cun salón amplo, aseos para persoas con mobilidade reducida e unha cociña. Con estas dotacións búscase que conte con amplas posibilidades de uso. Ademais a zona baixa terá un almacén e poderase habilitar para diversas funcións.
Tamén se preinstalarán os elementos necesarios para recoller proxeccións audiovisuais e megafonía para que se poidan programar actos, conferencias, actividades culturais de diversos formatos.
Con esta construción, o goberno local quere cubrir unha demanda veciñal que se remonta no tempo. O obxectivo é que se dinamice socio culturalmente esta zona do municipio.