Portas reparte máscaras e xeles á cativada do municipio
Por Redacción
O Concello de Portas reparte máscaras e botes de xel hidroalcohólico a domicilio aos nenos e nenas en idade escolar do municipio nunha campaña de prevención da covid-19.
Esta iniciativa está enmarcada nunha serie de medidas adoptadas polo goberno local desde que se decretou o confinamento no mes de marzo orientadas a protexer á poboación local da pandemia.
Antes desta repartición de máscaras, o executivo que dirixe Ricardo Martínez xa contratara a desinfección de todas as estradas e zonas públicas dos núcleos de poboación do municipio.
"Son unha axuda para manter a prevención e a loita contra a pandemia dotando aos nosos rapaces e rapazas de elementos útiles para a súa autoprotección", explicou o rexedor sobre as razóns que levaron ao Concello a adoptar esta medida.