Comezan os traballos previos ao asfaltado da PO-308 ao seu paso por Portonovo
Por Redacción
Este luns, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciaba os traballos previos para o fresado e asfaltado nun treito de quilómetro e medio no acceso a Portonovo e que supoñen un investimento de 245.605 euros.
A obra, levada a cabo pola empresa adxudicataria Covsa, arrincaba na rotonda da subida a Adina e prolongarase ata a glorieta de Arnelas, cun prazo de execución de quince días, que pode variar segundo as condicións meteorolóxicas.
Estas obras non provocarán ningún corte de tráfico. Para minimizar as molestias, o tránsito de vehículos regularase mediante operarios.
Este proxecto inclúese nun plan de reparación do firme en pavimentos deteriorados en distintas estradas provinciais de titularidade autonómica. A obra tamén inclúe o pintado das marcas viarias, como símbolos e pasos de peóns, que conforman a sinalización horizontal da calzada.
VALO NOVO PARA O RÍO BALTAR
Por outra banda, xa concluíron os traballos na contorna do río Baltar, que xa loce un novo valado perimetral ao longo de case un quilómetro de lonxitude. Esta obra tivo un custo de 39.997 euros, financiado ao 80% polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia e o 20% polo Concello de Sanxenxo.
Os traballos permitiron mellorar a seguridade na contorna do río Baltar xa que, ademais da renovación de parte do valo que se atopaba moi deteriorado, ampliouse a súa lonxitude.
O novo valado combina dous materiais, madeira natural e madeira tecnolóxica, de maior resistencia e duración.
Relacionadas:
-
Completan o asfaltado da PO-308 entre Sanxenxo e Portonovo
Por Redacción |
-
Sanxenxo dota a praza de abastos de Portonovo de baños accesibles
Por Redacción |
-
Cambios no pavimento e sinalización para garantir a distancia social no paseo de Silgar
Por Redacción |
-
Telmo Martín pide a Luisa Piñeiro que a Xunta continúe a reforma da PO-308 ata Portonovo
Por Redacción |
-
Inician obras de mellora de firme en estradas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Por Redacción |