Marín retira 100 niños de gaivota e limita a 300 exemplares a poboación de pombas
Por Redacción
A campaña de control de poboacións de pombas e gaivotas que ten en marcha desde hai anos o Concello de Marín saldouse este 2020 coa retirada dun centenar de niños de gaivota patiamarela e a captura de 211 pombas.
Despois dos tres primeiros anos de control, os operarios de Larus Control, empresa encargada da campaña, reduciron en máis de 1.500 exemplares a poboación de pomba común, pasando dos 2.000 individuos censados aos 300 do último control, despois da captura de 211 pombas desde abril ata a actualidade nas gaiolas instaladas en azoteas de edificios do municipio. O obxectivo é manter esta tendencia durante este ano evitando que volva crecer o número de exemplares.
Con respecto ao control de gaivotas, os operarios retiraron dos tellados 100 niños, 190 ovos e 69 pitos despois de inspeccionar ao longo do 2020 un total de 197 inmobles. O ano anterior habían eliminado 144 niños, 197 ovos e capturado 67 pitos despois de visitar 237 edificios. Lembran desde o Concello que este servizo, que leva cinco anos en funcionamento, é gratuíto e os veciños afectados por estas colonias poden poñerse en contacto co goberno local para solicitar unha inspección.
Doutra banda, o goberno local adoptou outra serie de medidas encamiñadas tamén a afastar a estas aves dos centros urbanos como a retirada de lixo do exterior do Mercado de Abastos ou esixir aos propietarios de edificios en mal estado a obrigación de tomar medidas para acabar con pombais incontrolados.
Relacionadas:
-
Retiran 130 niños de gaivota e capturan 238 pombas para manter á raia a súa poboación
Por Redacción |
-
Marín mantén baixo control as súas poboacións de pombas e gaivotas
Por Redacción |
-
Marín instala unha gaiola na azotea do mercado para atrapar pombas e gaivotas
Por Redacción |
-
As campañas de control de gaivotas e pombas de Marín reduciron a poboación en 1.500 aves en tres anos
Por Redacción |