Adxudican a El Abuelo Lelo un dos despachos do Espazo Emprendemento de Marín
Por Redacción
O Espazo Emprendemento de Marín, situado nas instalacións do Parque Azul de Cantodarea, xa conta cun dos seus despachos ocupados.
A firma de conservas 'El Abuelo Lelo' foi o proxecto seleccionado polo comité executivo do Espazo de Innovación Alimentaria, que se reuniu o pasado 16 de outubro para adxudicar os dous despachos dispoñibles.
Aínda que había dous despachos, só 'El Abuelo Lelo' cumpría con ambos os requisitos indispensables, polo que o resto das solicitudes foron desestimadas.
Ao quedar aínda un despacho dispoñible, ábrese un novo prazo de quince días naturais, a contar desde o día seguinte á publicación das novas bases do concurso, que serán presentadas proximamente e que só afectarán á única oficina que queda por adxudicar.
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, foi o encargado de presidir a reunión do comité executivo, na que tamén estiveron presentes o axente de emprego e desenvolvemento local, Alfredo Montero Carrera, en calidade de secretario. Pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra asistiron Jesús Rey Rodríguez, presidente de AJE, e a asesora María de los Ángeles Barreal Lorenzo, técnica de desenvolvemento de empresas.
Relacionadas:
-
A alcaldesa de Marín sinala o Espazo de Innovación Alimentaria como referente gastronómico
Por Redacción |
-
Asinado o convenio para dinamizar o Espazo de Innovación Alimentaria
Por María José Pita |
-
Ampliado o prazo de solicitude de despachos no Espazo Emprendedor de Marín
Por Redacción |
-
Concello e AJE colaboran na posta en marcha dun Espazo de Innovación Alimentaria de Marín
Por Redacción |