Novas oportunidades para Pontevedra como cabeceira do campus Noroeste da UNED
Por Oskar Viéitez
O novo director do centro asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia en Pontevedra, Víctor González, está a facer unha rolda de presentacións e contactos. O luns foi co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e este martes falou co deputado Carlos López Font representante da Deputación de Pontevedra.
Víctor González destacou a "oportunidad" que se abre co nomeamento de Pontevedra como cabeceira do campus Noroeste e ofertou a colaboración académica para actividades de formación tanto para a propia Deputación como para os concellos da provincia.
O novo director provén do centro asociado de Segovia, e o seu traslado trae tamén a Pontevedra a sede central do campus Noroeste, o que significará a coordinación dos 14 centros asociados de Galicia, Asturias, Castela-León e Extremadura e un maior rango para o que xa, de facto, é o centro de maior tamaño do campus.
O novo director anunciou que en canto remate a rolda de presentacións e contactos tanto dentro como fóra do centro asociado convocará unha xuntanza da Xunta Reitora do Consorcio do Centro Asociado para expoñer as liñas de actuación que vai desenvolver neste curso e no futuro.