Os centros educativos da área sanitaria acumulan 64 positivos en covid-19
Por Oskar Viéitez
A información actualizada deste martes referida ás escolas infantís e aos centros educativos informa que hai 64 casos positivos en covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, son catorce menos que o pasado sábado, e ningunha aula pechada.
A cifra de contaxios por coronavirus nos centros educativos de Galicia subiu ata os 601 casos, 83 máis que o pasado sábado, e xa son dous as escolas infantís pechadas, ambas as na provincia de Ourense.
Segundo consta no último parte facilitado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) o maior aumento nos tres últimos días produciuse na área sanitaria de Vigo, onde se contabilizan 124 contaxios activos nos seus centros educativos, 34 máis que o sábado, e sete aulas pechadas, tres máis. Só a supera a área de Ourense a pesar de experimentar un retroceso no número de casos, ata os 157, 25 menos, e seis aulas pechadas, unha menos.
ÁREA SANITARIA DE PONTEVEDRA-O SALNÉS
No caso das escolas infantís, a Consellería de Política Social, notifica un único positivo na Casa do Mar, en Marín.
Pola súa banda, os datos dos centros educativos, segundo informa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade son 63.
- Pontevedra: CEIP A Xunqueira I (1 caso), CEIP de Vilaverde-Mourente (1 caso), CEIP Santo André de Xeve (1 caso), CIFP A Xunqueira (1 caso), CIFP Carlos Oroza (2 casos), CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús (4 casos), IES A Xunqueira II (1 caso), IES Frei Martín Sarmiento (3 casos), IES Luís Seoane (2 casos), IES Montecelo (1 caso), IES Sánchez Cantón (1 caso).
- Barro: CEIP Amor Ruibal (1 caso).
- Bueu: CEIP Illa de Ons (1 caso).
- Caldas de Reis: CPI Plurilingüe Alfonso VII (2 casos) e IES Plurilingüe Aquis Celenis (2 casos).
- Cambados: IES Francisco Asorey (1 caso).
- Cerdedo-Cotobade: CEIP Plurilingüe de Carballedo (2 casos), IES de Cotobade (3 casos).
- Cuntis: CPI Aurelio Marcelino Rey García (1 caso).
- Marín: CEIP da Laxe (1 caso), CPR Plurilingüe San Narciso (1 caso).
- Meis: CPI de Mosteiro-Meis (1 caso)
- Moraña: CPI Plurilingüe Santa Lucía (5 casos).
- Poio: IES de Poio (1 caso).
- Soutomaior: CPR Santiago Apostol (1 caso).
- Vilaboa: CPI do Toural (1 caso).
- Vilagarcía: IES Armando Cotarelo Valledor (3 casos), IES Castro Alobre (3 casos), IES Fermín Bouza Brey (2 casos).
- Vilanova de Arousa: CEIP de Viñagrande-Deiro (4 casos), CEIP Plurilingüe de San Bartolomé (3 casos), IES A Basella (2 casos), IES Faro das Lúas (4 casos).
Relacionadas:
-
Pontevedra e a súa área rexistran 135 casos de covid en centros educativos pero só tres aulas pechadas
Por Redacción |
-
A covid-19 nos centros educativos: preto do centenar de positivos nas escolas infantís, colexios e institutos
Por Redacción |
-
A covid-19 nos centros educativos: pechan dúas aulas de Vilaboa e Vilanova e os positivos soben a 67
Por Natalia Puga |
-
Os bachareis do IES Sánchez Cantón recuperarán o luns 26 todas as clases presenciais
Por Oskar Viéitez |
-
46 casos positivos nos centros de ensino da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Por Oskar Viéitez |