Ferida de consideración unha muller ao caer dun patinete eléctrico cando circulaba preto do Hospital
Por Redacción
Unha muller resultaba ferida de consideración na tarde deste martes cando caía do patinete eléctrico no que circulaba cando se atopaba nas proximidades do Hospital Provincial de Pontevedra, segundo informa o servizo de Emerxencias 112 Galicia.
Un particular chamaba ao 112 Galicia para alertar do accidente e afirmaba que a condutora deste Vehículo de Movilidad Persoal ( VMP) se atopaba inconsciente ao sufrir a caída e golpearse contra o chan.
O accidente producíase pasados uns minutos das 13.30 horas deste martes e desde o servizo de Emerxencias do 112 Galicia informaron a Urxencias sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e á agrupación de voluntariado de Protección Civil, ademais de avisar tamén ao Parque de Bombeiros de Pontevedra.