Ponte Caldelas pon a punto os cemiterios municipais para o Día de Defuntos
Por Redacción
Achégase o Día de Defuntos e o Concello de Ponte Caldelas está a poñer a punto os dous cemiterios municipais, situados en A Insua e no lugar de Caldelas.
Os operarios municipais están a traballar na preparación dos xardíns e no baldeo das zonas comúns dos camposantos, para que o Primeiro de Santos lozan perfectamente para todas as persoas que ata alí acoden.
Por outra parte, para garantir a seguridade, o Concello de Ponte Caldelas instalará dispensadores de hidroxel á entrada dos dous camposantos municipais e, aínda que non son competencia municipal, tamén dos oito parroquias: Taboadelo, Tourón, Xustáns (dous), Caritel, Anceu, Barbudo e Forzáns.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, pide a todas as persoas que acodan ós cemiterios nos vindeiros días que "respeten as medidas de distanciamento social, empreguen mascarilla e hixienicen as mans á entrada e á saída".