A covid-19 nos centros educativos: pechan dúas aulas de Vilaboa e Vilanova e os positivos soben a 67
Por Natalia Puga
A incidencia da covid-19 nas escolas infantís e os centros de ensino non universitario da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés non para de crecer. Este mércores, suman tres casos activos máis que o martes, ata alcanzar o total de 67 casos positivos en covid-19. Cabe destacar que o martes se habían reportado catorce menos que o pasado sábado.
Segundo o último balance diario realizado polas consellerías de Política Social e Cultura, Educación e Universidade, este mércores hai constancia oficial de dúas aulas pechadas por covid-19. As dúas víronse afectadas nas últimas xornadas, pois no último balance oficial non figuraba ningunha.
En concreto, hai pechada unha aula na escola infantil municipal de Vilanova de Arousa e outra no CPI Toral de Vilaboa. En ambos os centros, hai un caso activo de covid-19.
No caso das escolas infantís, a Consellería de Política Social, notifica dous únicos positivos, o que xa se contabilizaba o martes na Casa do Mar de Marín e este citado de Vilanova. Os outros 65 son en centros educativos de idade superior.
Os centros afectados son os seguintes:
- Pontevedra: CEIP A Xunqueira I (1 caso), CEIP de Vilaverde-Mourente (1 caso), CEIP Santo André de Xeve (1 caso), CIFP A Xunqueira (1 caso), CIFP Carlos Oroza (2 casos), CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús (4 casos), IES A Xunqueira II (1 caso), IES Frei Martín Sarmiento (4 casos), IES Luís Seoane (2 casos), IES Montecelo (1 caso), IES Sánchez Cantón (1 caso).
- Barro: CEIP Amor Ruibal (1 caso).
- Bueu: CEIP Illa de Ons (1 caso).
- Caldas de Reis: CPI Plurilingüe Alfonso VII (2 casos) e IES Plurilingüe Aquis Celenis (2 casos).
- Cambados: IES Francisco Asorey (1 caso).
- Cerdedo-Cotobade: CEIP Plurilingüe de Carballedo (2 casos), IES de Cotobade (3 casos).
- Cuntis: CPI Aurelio Marcelino Rey García (1 caso).
- Marín: CEIP da Laxe (1 caso), CPR Plurilingüe San Narciso (1 caso).
- Meis: CPI de Mosteiro-Meis (1 caso)
- Moraña: CPI Plurilingüe Santa Lucía (3 casos).
- Poio: IES de Poio (1 caso).
- Soutomaior: CEIP Manuel Padín Truiteiro (1 caso), CPR Santiago Apostol (2 casos), IES de Soutomaior (1 caso)
- Vilaboa: CPI do Toural (1 caso).
- Vilagarcía: IES Armando Cotarelo Valledor (3 casos), IES Castro Alobre (3 casos), IES Fermín Bouza Brey (2 casos).
- Vilanova de Arousa: CEIP de Viñagrande-Deiro (4 casos), CEIP Plurilingüe de San Bartolomé (3 casos), IES A Basella (2 casos), IES Faro das Lúas (4 casos).